28/09/07

M. I. A. - Jimmy (2007)

Tararí tarará tararata, tararí tarará tararata, tararí tarará tararata, tararí tataaa...
Un temazo.

08/09/07

Blur. Parklife e Girls and Boys (1994)

Nunca entendín aquela polémica que había entre Blur e Oasis. Basicamente porque Oasis son unha merda e os máis grandes no Reino Unido eran daquela Pulp. Pero no que se refire a bandas novas e molonas Blur eran a hostia, e Oasis uns mal imitadores dos Beatles.

Ata o tiña claro eu, que tiña 12 anos...

23/08/07

Beatallica. Sandman (2007)

Beatallica son uns imitadores de Metallica que fan versións dos Beatles. A min fanme coña, que pasa?

17/08/07

Camera Obscura - Lloyd I'm Ready To Be Heartbroken

Mola. É super popy, pero ten un regustillo medio folky que mola, e a tipa canta parecido a Julieta Venegas...

11/08/07

Teño un problema!!!

Descargo máis música da que podo escoitar. Non é coña. Só esta semana as discografías dos Yardbirds, Troggs, e dos Animals, o Aftermath dos Rolling, doce CD´s co mellor de Chess e aínda non escoitei os seis de Sun Records... Dos 200 mellores discos do século XX non escoitei a metade, pero estar están case todos... Apenas pasei por riba a Billie Holiday e Aretha Franklin... Charles, Charley, Charlie; Mingus, Patton, Parker; os tres carliños aí xuntiños agardando na carpeta C...
E non vou seguir porque vou pola c e son xa 19 gigas de mp3!!

09/08/07

The Troggs. Love is all around / Wild Things (1968)

Pensaba que esta canción era unha horterada de Wet Wet Wet e resulta que era una versión dos Troggs. Faiseme rarísimo escoitala.

E máis cando te achegas os Troggs porque sabes que son estes:

08/08/07

Ayo. Down on my knees (2007).


O resto do disco queda moi lonxe da canción.

07/08/07

Spooky Tooth. I am the walrus (1970).

Boa versión dunha boa canción dos Beatles. Tampouco había video no Youtube, é outra videocreación anónima. Está bonita tamén.

06/08/07

The Free Design. Kites are fun (1967).

Hoxe estou contento porque fixen un descubrimento musical.
Baixei os grandes éxitos de The Free Design sen saber quen eran sequera, creo que lin o nome na páxina web de Sateli3, pero foi escoitar a primeira canción, esta do video, e quedar enganchado.
The Free Design eran irmáns e irmás todos, e eran hippies, e eran de Nova Iorque, e non actuaban só gravaban discos de estudio. Stereolab teñen unha canción que se chama The Free Design, e non me estraña nada, porque soan exactamente igual, pero con 30 anos de diferenza.
O video fixoo unha tipa pra un proxecto de clase porque destes tíos non hai imaxes, a min gústame, tá simpático.

02/08/07

Blondie. Call me (1980).

O outro día estaba tomando café nunha cafetería e tiñan a tele sen son. Pasou que puxeron nos 40 latinos un video de Soraya. O video é supercutre que se o fan querendo non lles sae peor, pero a moza é moi digna de ver, moi guapa e moi simpática, e sae facendo ximnasia e non sei que... que me puso la Soraya.
Por que conto isto? Porque o video en cuestión titulase "Call me" e como eu sabía que a Soraya esta tiña un disco de versións dos oitenta que prepararon os de Vale Music nunha tarde co teclado da cabra e un PC, pensei: "xa escarallaron a canción de Blondie!".
Pero non. Resulta que a Poyeya xa sacou outro disco e a canción non ten nada que ver.
Poño o video de Blondie, porque o de Soraya non o atopo sen música.

01/08/07

Peculiar versión de 'Schizophrenia' de Sonic Youth


Colaboración de Tino. Non vou facer ningún comentario, porque sobran as palabras.

A letra:
I went away to see an old friend of mine
His sister came over she was out of her mind
She said jesus had a twin who knew nothing about sin
She was laughing like crazy at the trouble Im in
Her light eyes were dancing she is insane
Her brother says shes just a bitch with a golden chain
She keeps coming closer saying I can feel it in my bones
Schizophrenia is taking me home

My future is static
Its already had it
I could tuck you in
And we can talk about it
I had a dream
And it split the scene
But I got a hunch
Its coming back to me

26/07/07

Xa volvín hai tempo, eh!

Levo unha semana en casa. O que pasa é que non tiña nada interesante que poñer, ultimamente non escoito música, como moito escoito Kiss Fm. Ás veces danme arrebatos así, que me gusta estar en silencio. Ademáis estou enganchado ó Tour e non teño cabeza pra moito máis. De feito estou pensando en facer un blogue de deportes, agora que acaba o Tour, comeza a pretemporada de fútbol e xa está todo listo pro Eurobasket era bó momento... e que carallo, apeteceme moito rajar de Estoicof e Mouriño!!!

Dinosaur Jr. - Been There All The Time

Mascis, que noxo das, non sei como che deixan sair nos videos!!!

05/07/07

Pulp. Help The Aged.

Ultimamente ando a voltas con este disco e esta canción en particular. De paso que subo o video doume conta de a quen imita o gilipollas ese de OT.



E aqui tedes a Jarvis Cocker facendo un dueto con Ali G, agora coñecido como Borat, e seica dentro de pouco Fredy Mercury nunha pelicula.

01/07/07

Salò o le 120 giornate di Sodoma (1975)


A derradeira película de Pasolini. É unha adaptación dos 120 días en Sodoma do Marqués de Sade, pero localizada no ano 1944, durante a ocupación nazi de Italia, e estructurada ó xeito do inferno de Dante.
Catro homes, o Presidente, o Duque, o Monseñor e o Maxistrado secuestran a dezaoito mozos fillos de partisanos (nove homes e nove mulleres) e coa axuda de catro prostitutas os esclavizan. Como sinal de boa fe entre eles fan que a súas propias fillas formen parte deste grupo. A película mostra como estes homes van explotando sexualmente a estes mozos, cada vez de forma máis perversa ata chegar finalmente a torturalos de forma salvaxe.
Reflexión sobre a anarquía do poder, a perda de valores da sociedade capitalista, o conformismo do pobo ante a opresión, a inutilidade da política... O máis duro da película, coma os textos de Sade, coma o propio nazismo, é que non estamos ante tolos -non dende un punto de vista psiquiátrico- senón ante persoas normais que levan ó extremo os valores hedonistas valéndose da súa situación de poder.
A pelicula foi- é- bastante polémica porque moitos destes mozos eran aínda menores de idade, foi prohibida en moitos paises ata hai ben pouco e a súa exhibición sempre estivo acompañada de protestas.
Pasolini foi asasinado antes de que se estrenase a película. O rapaz que o atropelou dixo que foi porque lle propuxera ter relacións sexuais, pero hai pouco desmentiu aquelas declaracións. A intelectualidade italiana sempre sostivo que a súa morte se debeu a un complot para calar a súa voz -sempre crítica co poder-, ensuciar a súa imaxe e deslexitimar as súas ideas. E seguramente o conseguisen, pois Pier Paolo Pasolini non está hoxe en día no lugar que se merece.

28/06/07

Dylan, Richards, Woods: tremendo desproposito

Vale que ía moita calor, e vale que se rompe unha corda e hai que cambiar de guitarra... pero hai que ensaiar, coño! E hai que saber en que nota se está, que despois non chegamos e facemos cousas raras, e probar un pouco se o que se vai facer pega coa canción... O caso é que no medio da canción paran e o final fan unha cousa rarísima. Menos mal que era un concerto ñoñas deses contra o Sida e o público é pouco esixente.

http://www.youtube.com/watch?v=4ahdFmfjnWA


27/06/07

Nusrat Fateh Ali Khan.


Nusrat é o Camarón de Pakistán e da música islámica. É o mellor cantante de qawwalis que existiu nunca. Os qawwalis son os famosos cantos de oración lentos lentos lentos que poñen sempre que sacan imaxes dun deserto, son coma estas que cantan os andaluces no medio das procesións pero dedicadas a Alah. Tamén é a banda sonora de case tódolos videos de youtube nos que se chama a guerra santa e esas cousas, pero porque era o mellor.

26/06/07

King Sunny Ade


Directamente dende Nixeria, o pai do Pop africano.

25/06/07

Youssou N´Dour


Este tío é o máis grande que hai en África. O problema é que fai dous tipos de música, unha para vender en África e outra máis comercial que se edita en discográficas europeas de música étnica, novas músicas e caralladas así. O que fai ben é o primeiro, cancións de mil horas con percusións tradicionais, pero diso non hai videos en youtube e o máis digno que saquei foi isto. Ten tamén esta canción con Neneh Cherry que seguro que a coñecedes todos:

22/06/07

Björk. I Miss You (1997)



Non sei se coñecedes a Ren & Stimpy. Este video está feito polo mesmo fulano. É unha puta locura sen pes nen cabeza.

20/06/07

2001: A Space Odyssey. The down of man


Sempre que sae esta escena a xente fala do talento de Kubrick ou do significado simbólico do monolito, ou do mono a secas ó que se lle da por esmagar un esquelete (se lesen o libro non terían tanto que debater, porque queda todo ben claro). Paréceme unha falta de respecto ós actores. Se fose Marlon Brando, ou Robert de Niro a xente diría: "canto talento, que expresividade, como consegue sen palabras expresar o drámatico da evolución humana, a violencia coma consecuencia da razón, magistral!". Pero como é un pringao con máscara nin puto caso lle fan. Quen se acorda de Chewaka? Quen se acorda dos eewoks? Ou dos simios do planeta dos susodichos? Ou sen irnos lonxe, Espinete e Don Pimpón... Un saúdo para Esteiro e para todos aqueles actores e actrices sen rostro. E falando de Esteiro... agora si, xa finou o finado.

19/06/07

The Strangeloves. I Want Candy (1965)


Sigo no meu camiño polos sesenta, agora meténdome de cheo na psicodelia. Poño esta canción porque ten coña, pero nesta época hai cousas realmente sorprendentes, que sobreviviron mellor ó paso do tempo. Super recopilatorio de música psicodélica do ano 1972: Nuggets, original artyfacts from the first psychedelic era 1965-1968.


18/06/07

James Brown. It's a man's world (1968)

Non lle dediquei nada cando finou, porque andaba algo liado e non me pareceu ben facer unha necrolóxica cinco días tarde. Pero xa era hora de que aparecese no blog o rei do funky (non do soul, xa falaremos un día de Otis Redding). Agora James estará polo inferno, por lascivo e concupiscente, pero coma nós non cremos nesas cousas ímolo ascender ó Olimpo, ben o merece.

14/06/07

Pixies. Monkey Gone to Heaven/Tame (1989)


Ós fulanos de Virgin, que non debían de ter moitas luces, non se lles ocorreu outra cousa mellor para promocionar Doolittle que levar os Pixies á tele. Non sei que pensaría a xente decente cando viu a Kim Deal e o chino pasadísimos de caballo e a Frank Black en plan Resplandor (nunca lle vira tanta cara de perturbado). E cando canta Tame... dan bastante medo.

13/06/07

Centro-matic. Triggers and Trash Heaps


Posiblemente este sexa o meu grupo favorito, está aí aí con Eels. Realmente non é un grupo, Will Johnson, o cantante fai case todo. Will Johnson ten dous grupos Centro-matic e South Saint Gabriel, cos mesmos músicos practicamente. South Saint Gabriel teñen un sonido máis acústico e folki, e Centro-matic máis eléctrico e rock, pero xa vedes que moi tranqui. Ademáis fai xiras el só coa súa guitarra, e tocou en Santiago este ano e non puiden ir.
Seguramente o que fai con South Saint Gabriel sexa mellor, pero con Centro-matic teño unha relación especial. Poucas veces pasa que pos un disco e te sintes completamente identificado co que escoitas, coma se o fixeras ti, ou se te fixeran exactamente o que querías oír. Iso pásame con Centro-matic, e con algúns discos de pouca xente máis. Encantame o sonido supersucio, os acoples polo medio, o sonido guitarrero, a batería ben potente, o baixo supergrave, e eses arranxos chillones e repetitivos... e as cancións supertranquis e superpopis. Se tivese talento faría isto seguro.

12/06/07

David Bowie. Space Oditty (1969)

Onte falei del e hoxe incorpóroo o meu blog. É un grande entre os grandes, un moderno entre os modernos, e afortunadamente a súa música avellenta mellor ca súa estética. Aí van dous vídeos: o primeiro é o primeirísimo, do 69, andaba a peña flipando coa lúa e tal, e Bowie debutaba. O vídeo é supercutre, pero no momento foi a repera, e as pintas del tamén.



O segundo que vos poño é actual, pra comparar. Debe ser dalgún premio inglés, porque só na Gran Bretaña lle poderían dar un escenario tan grande a Arcade Fire. Se non sodes modernillos, seguramente non coñezades a Arcade Fire, pero xa vedes que por aí afora son xente con nome. Son un fato de friquis que se coñeceron no conservatorio, e iso, fan o friki. O violinista é un crack, Final Fantasy, e tocou en Vigo, que o saibades. Canta e toca o violín, cun pedal de loops, e as súas cancións tratan maiormente sobre Dragóns e Mazmorras. Un friki, xa dixen, pero que sabe de música.


11/06/07

Marvin Gaye & Tammi Terrell. Ain't no Mountain High Enough


Non me puiden resistir, eila. De paso descubrin o estupendísima que era Tammi. É incrible que esta canción non fose famosa ata hai pouco, e que ata que saiu no anuncio de marras non aparecese en nigún disco recopilatorio. Pasou o mesmo co "Baby you can drive my car", que pra min é unha das mellores cancións dos Beatles.

Martha & the Vandellas. Dancing in the Streets (1965)


Despois de viciar con Phil Spector agora descubro a Motown. A pesar de que esta semana dedico o blogue a Krafwerk, estoume enganchando perdidamente o Soul dos sesenta. Unha vez que descubres toda esta música no seu contexto gaña bastante. Non sei se vos acordades de cando estivera de moda Grease, fará quince anos xa. Pois a miñá irma era fanática e puña a banda sonora todo o día, e a de My Girl, e discos de Soul que quitaba M80. Vale que eu daquela prefería escoitar os discos de Siniestro do meu irmán, que decían moitas guarradas, pero aínda así aqueles recopilatorios eran insufribles. Cheguei a odiar todo aquilo, e polo medio daquela merda toda había marabillas. E mentres escribo isto comeza a soar Marvin Gaye e Tammy Terrell... ain´t no mountain high enough...
Sobre o vídeo: magnífica a coreografía no estribillo ...uuuuh, dancing in the streets... quen tivese unha peluca desas!
Por certo, desta canción teñen unha versión bastante tonta David Bowie e Mick Jagger.

10/06/07

Dominique A.

Dominique A. Dans un camion (2006).


O 9 de Xuño, no Auditorio de Galicia, en Santiago.
Lo más de lo más da Nouvelle Chanson. Era o último concerto da xira e notouse, no ben que soaba e nas poucas gañas que tiñan de irse (fixeron tres bises e acabaron o máis puro estilo LCD Sound System, PUNCHI, PUNCHI, PUNCHI). Na xira anterior viñera el só, cun pedal de loops que lle permitía gravar a guitarra e a voz e cantar por enriba. Este concerto foi menos intimo, máis rokeiro. Acompañado de guitarra eléctrica, ventos, sintetizador e unha batería un tanto peculiar, demostrou que está a última en tendencias musicais, que a música francesa mola, e queos cantautorcillos españoles son unha merda chantada nun pao.
A pena é non ter nin idea de francés.

Os herdeiros de Brassens teñen alma. Aprende, Serrano!



09/06/07

Iron Maiden - Number of the beast (live 1985)


Con estas cousas flipaba eu cando tiña 14 anos. Sabia a letra de memoria e todo. Teño o meu favor que cando empecei a escoitalos xa usaban vaqueiros e non mallas violetas.

08/06/07

The empire strikes back. Luk, I´m your father



Non atopei a versión seria, todo eran montaxes e dobraxes sen gracia. Así que vos deixo a versión do videoxogo Lego StarWarsII co que tanto levo viciado este ano.

07/06/07

Neil Young & Crazy Horse. Hey hey, my my (1979).

Non sei por que tardou tanto en sair no blogue.



05/06/07

Ostiá!!!

E eu non sabía nada disto!!! DAMO SUZUKI de CAN con Haiku Kaiku. ¿E quen carallo son Haiku Haiku? Pois Rober de Atom Rhumba, Murky de Ginferno, Xabel Vegas de Manta Ray, Mikel Abrego de Inoren ero ni , Galder Izagirre de Kuraia, e Kaki Arkarazo de Nacion Reixa e Negu Gorriak, xuntados para a ocasión no Guggenheim de Bilbao. O 22 de Nadal de 2006. Máis información? Pincha, pincha!

Igual algún iñorante férido e duro non coñece a CAN, pois eran estes Jipis:

CAN na televisión alemana (1971).

01/06/07

Tina. Buamba am sac lapad.


Estiven a facer un traballo sobre o megleno-romanés, e afirmei con rotundidade que só tiñan grupos de coros e danzas. Deume por ver no youtube, e mira ti: a Beyoncé valaca. Marabilloso o video do atobús, un derroche de sensualidá.

Aretha Franklin. Chain of Fools (1967)


Empecei con Phill Spector, as Ronettes, as Sangrih-las... e agora con esta me ando.
Chain, chain, chain...!!!

27/05/07

Tom Waits e os Ramones. I Don´t wanna grow up

Andaba polo youtube e atopei a Tom Waits vestido de demo e andando en bicicleta cunha bota nun pé e un zapato de tacón no outro.

E máis sorpresa cando atopo ós Ramones versionando a canción de Tom Waits nun video con debuxos de Daniel Clowes.

E se vos defendedes en inglés, deixovos a letra que non ten desperdicio:

I don´t wanna grow up (tom waits/k. brennan)

When Im lyin in my bed at night
I dont wanna grow up
Nothin ever seems to turn out right
I dont wanna grow up
How do you move in a world of fog
Thats always changing things
Makes me wish that I could be a dog
When I see the price that you pay
I dont wanna grow up
I dont ever wanna be that way
I dont wanna grow up

Seems like folks turn into things
That theyd never want
The only thing to live for
Is today...
Im gonna put a hole in my tv set
I dont wanna grow up
Open up the medicine chest
And I dont wanna grow up
I dont wanna have to shout it out
I dont want my hair to fall out
I dont wanna be filled with doubt
I dont wanna be a good boy scout
I dont wanna have to learn to count
I dont wanna have the biggest amount
I dont wanna grow up

Well when I see my parents fight
I dont wanna grow up
They all go out and drinking all night
And I dont wanna grow up
Id rather stay here in my room
Nothin out there but sad and gloom
I dont wanna live in a big old tomb
On grand street

When I see the 5 oclock news
I dont wanna grow up
Comb their hair and shine their shoes
I dont wanna grow up
Stay around in my old hometown
I dont wanna put no money down
I dont wanna get me a big old loan
Work them fingers to the bone
I dont wanna float a broom
Fall in love and get married then boom
How the hell did I get here so soon
I dont wanna grow up

Tom Waits. Chocolate Jesus

Bjork e Wilco

Esta entrada chega moi tarde por culpa dos exames e os traballos. Tiña pensado escribila hai xa tempo, de feito escoitei os discos o mesmo dia en que sairon. O caso é que sacaron disco Bjork e Wilco.

(Este video non é do último disco de Bjork, porque están todos vetados no youtube, só se poden ver) Volta chámase o último disco da islandesa. Está bastante ben, ten un pouco de todo. A primeira vez que o escoitei levei unha alegría tremenda, porque o anterior disco me parecía un tremendo coñazo, pero a verdade é que por momentos este tamén o é. Pero en xeral está ben e tenauténticos temazos.



O de Wilco, Sky Blue Sky, gustoume máis. É un disco que están poñendo a parir por todas partes, pero a min pareceme un discazo. Critícano de convencional, de pouco arriscado e non sei que máis. Se se escoita ben non ten nada de convencional, Wilco son uns putos genios. E poida que os modernos non lles guste nada o son tan clásico que ten este disco, e prefiran os paróns no medio das cancións, e as guitarras eléctricas metendo ruído... todo iso segue aparecendo neste disco, pero non se nota tanto. A min pareceme do mellor que ten feito Wilco, doce boas cancións interpretadas da mellor forma posible.

El ultimo rey de escocoia

Un escocés, que interpreta James McAvoy (seica sae nas Crónicas de Narnja facendo de Fauno), marcha a Uganda en busca de aventuras e acábase convertendo no médico e confidente persoal de Idi Amin, que era un presidente moi simpático que exterminou a 300 mil persoas.
No recordo ter visto unha película tan dura en moitos anos. E cando digo que é dura, é que é moi dura, e máis sabendo que é unha historia real. A película en si non está moi alá, ás veces parece un telefilme, pero o papel de Forest Whitaker é impresionante e realmente chega a acojonar.

A Hawk and a Hacksaw + Hun Hangar Ensemble

Venres 18 de Maio, no Auditorio do Centro Cultural Caixanova.







Unha parella de Albuquerque, violinista e acordeonista, facendo música cíngara cun cuarteto de Budapest. Cousas veredes. Apenas había público, porque coincidía co Festival do Norte, pero estivo xenial e, sobre todo os Hun Hangar, dérono todo.
Deixovos a páxina web dos A Hawk and a Hacksaw pra que miredes, e a de Sinsal pra que os escoitedes.

15/05/07

Ronettes. Be My baby.

Acabo de descubrir quen era Phil Spector. Tiña baixado un recopilatorio en MP3 e nunca o escoitara. Sabía que era productor de xente importante, pero tiña a idea de que era un coñazo do tipo Alan Parsons, debe ser polo nome tan horroroso que ten. E bueno, ando viciau escoitando cousas como esta.

Marvin Gaye. What´s Going On / What´s Happening Brother. 1973.

06/05/07

Kraftwerk. Radioactivity. 1975.

Spiderman 3

Eu teño un acusado lado friqui, que pasa?

É a película máis cara da historia ata que fagan outra que custe máis, pero eu non sei onde se lle foron os cartos. A min encantoume, os centos de nenos que me acompañaban no cine aburríronse. ¿Por que? Porque Spiderman 3 e unha comedia romántica, na liña das últimas tempadas de Xena onde todo se saía de madre (xa dixen que tiña un lado friqui), de feito saen varias das personaxes masculinas da serie, das que destaca Ted Raimi, irmán do director, facendo o único papel que sabe facer. As peleas son moi rápidas e moi curtas, a maior parte da película vaise en contar como MJ deixa a Peter Parker cando este lle ía pedir matrimonio, e en como este por culpa de Venom se volve "malo", e esta parte é a mellor da película, porque é malo, chulo, arrogante, vengativo... sen deixar de ser un friqui capullo. Hai centos de escenas comicas memorables: a comida no restaurante francés, o camareiro é o ladrón de Xena; todas as do periódico, onde se roza o humor absurdo; a aparición estelar de Stan Lee, na liña de Mallrats; os baños de multitudes de Peter Parker, capullo integral magnificamente interpretado por Tobey Maguire; xenial tamén a veciña adolescente que está namorada de Peter... e sobre todo a escena (non sei como se chama, cando nunha soa escea se resume un cambio importante e prolongado nunha personaxe) na que Peter se vai volvendo malo, esa non a conto porque é digna de ver. As personaxes teñén unha profundidade pouco común nunha película de superheroes e, xa vos digo, os pais saían encantados da sala e os nenos con caras largas, iso é bo sinal nunha pelio deste tipo. Ademáis non hai un só elemento fascistoide na película, agás un plano no que Spidy se pousa diante dunha bandeira americana ondeando, pero queda incluso cómico.
Ós que seguides as películas de superheroes, dígovos que é posiblemente a mellor que se fixo ata o de agora, a que mellor recolle o espírito do comic, e sobre todo o espírito dos seus lectores (se exceptuamos o Batman de Tim Burton, claro, e Sin City, que é un calco do orixinal).
Para os que non lles gustan este tipo de películas, dicirlles que é entretida, bastante divertida, e que non perdan a oportunidade de vela se poden facelo de balde.

02/05/07

Fu manchu - King of the road

Meu irmán mercou un disco destes fulanos, supoño que por erro. O caso é que me gustan, e iso me preocupa. ¿Será que estou enfermo?¿Que o de Fabio é contaxioso? O caso é que o noso grupo camiña, cada día máis, cara o stoner, e a min non me importa. É máis, unha vez que lle colles o punto é incluso divertido, así que... somos uns duros!!!

01/05/07

Sunshine

Se chego a ver antes o tráiler igual non saía tan decepcionado. O caso é que ía coa idea de ver a última de Danny Boyle, o director de Trainspottin, esquecera que tamén era o director das nefastas A Illa e 28 días despois, e non tiña nin idea de que era a película na que uns astronautas tiñan que volver prender o Sol.
Digo o de ver o tráiler, porque eu o mirei agora por vez primeira e da unha imaxe bastante peor do que o é a película. Non é unha película de heroes que van salvar a humanidade e se ven asaltados por un extraterreste, non é unha mestura de Armagedon e Alien. De feito comeza de moi boa maneira. Os protagonistas son astronautas reais, científicos coma Pedro Duque -non hai un só disparo en toda a película-, que van nunha nave tipo estación MIR (con gravidade simulada, pero bastante verosimil), e levan dous anos alí pechados, sometidos a presión de ser a última esperanza do mundo, empezan a non estar ben da cachola e cando algo sae mal, estoupa a convivencia. E durante boa parte da película un ten a sensación de estar ante ciencia-ficción da boa, cunha estética bastante anovadora -parecida a de 28 días despois- e unha trama que promete.
Pero a medida que avanza o filme, a trama camiña cara a acción e olvídase da ciencia-ficción, e do drama, e aparece o quinto pasajero do que falan no tráiler, e a trama psicolóxica acábase perdendo, por algún motivo tódolos personaxes se volven planos de súpeto e o negro non é o primeiro en morrer porque non hai negro.
En definitiva, que como peli de acción está moi por encima da media, como peli de autor non cumple coas espectativas. E Danny Boyle está moi, pero moi lonxe de Trainspotting

26/04/07

Eels. Hey man (now you´re really living)


Hai que acabar coa piratería, que os artistas non teñen un pataco. Mirade o que fai este pobre home, que leva case vinte anos facendo videos musicais, saindo na MTV, facendo cancións para bandas sonoras de películas famosas. Que triste, non sei que pretendía facer, pero non lle saiu.

23/04/07

Primal Scream. Kowalski.

Moitos vos preguntariades o porqué do alcume tan estraño que teño. Pois sae desta canción.

19/04/07

Bob Dylan. Like A Rolling Stone. 1966

Os que me coñecedes sabedes que son un "antibitel" confeso, así que comezo unha serie de posts nos que reivindico músicos moito máis importantes para a historia do Pop.
E para empezar, o máis grande. O que os mesmos Beatles recoñecían como o mellor.

E non digo nada del, porque todo esta dito. Aí o tedes na primeira xira eléctrica que fixo, tocando con The Band, cando moitos folkies o chamaban Judas.

18/04/07

Patti Smith. Gloria.

Xa que lle puxen ese título ó blog, aí tedes a canción cantada pola Raíña do Oasis.

Fagamos caraoque:

Jesus died for somebody's sins but not mine
Meltin' in a pot of thieves
Wild card up my sleeve
Thick heart of stone
My sins my own
They belong to me, me

People say "beware!"
But I don't care
The words are just
Rules and regulations to me, me

I-I walk in a room, you know I look so proud
I'm movin' in this here atmosphere, well, anything's allowed
And I go to this here party and I just get bored
Until I look out the window, see a sweet young thing
Humpin' on the parking meter, leanin' on the parking meter
Oh, she looks so good, oh, she looks so fine
And I got this crazy feeling and then I'm gonna ah-ah make her mine
Ooh i'll put my spell on her

Here she comes
Walkin' down the street
Here she comes
Comin' through my door
Here she comes
Crawlin' up my stair
Here she comes
Waltzin' through the hall
In a pretty red dress
And oh, she looks so good, oh, she looks so fine
And I got this crazy feeling that I'm gonna ah-ah make her mine

And then I hear this knockin' on my door
Hear this knockin' on my door
And I look up into the big tower clock
And say, "oh my God here's midnight!"
And my baby is walkin' through the door
Leanin' on my couch she whispers to me and I take the big plunge
And oh, she was so good and oh, she was so fine
And I'm gonna tell the world that I just ah-ah made her mine

And I said darling, tell me your name, she told me her name
She whispered to me, she told me her name
And her name is, and her name is, and her name is, and her name is G-L-O-R-I-A
G-L-O-R-I-A Gloria G-L-O-R-I-A Gloria
G-L-O-R-I-A Gloria G-L-O-R-I-A Gloria

I was at the stadium
There were twenty thousand girls called their names out to me
Marie and Ruth but to tell you the truth
I didn't hear them I didn't see
I let my eyes rise to the big tower clock
And I heard those bells chimin' in my heart
Going ding dong ding dong ding dong ding dong.
Ding dong ding dong ding dong ding dong
Counting the time, then you came to my room
And you whispered to me and we took the big plunge
And oh. You were so good, oh, you were so fine
And I gotta tell the world that I make her mine make her mine
Make her mine make her mine make her mine make her mine

G-L-O-R-I-A Gloria G-L-O-R-I-A Gloria G-L-O-R-I-A Gloria,
G-L-O-R-I-A Gloria

And the tower bells chime, "ding dong" they chime
They're singing, "Jesus died for somebody's sins but not mine."

17/04/07

Falando do noso grupo

A arrogancia do Punk, a enerxía do Rock e o groove do Soul. Lino nunha crítica da Rokdelux a Lcd Soundsistem e , ainda que nin me chista a revista, nin me chistan moito LCD, aplícome o conto pra nós. A verdade é que dende que cambiamos de local aínda non fixemos nada, pero polo menos temos unha canción enteira e outra a medias e tiran por aquí. Eu como baixista teño a responsabilidade do Groove, supoño que Fabio ten a enerxía, Jorge non o vexo moi arrogante, así que esperemos que Jesús, que ven ocupar o sitio de Tino, teña moita arrogancia tocando.
A verdade é que non me fai moita gracia que marchara Tino, cando mellor estabamos era cando estaba tamén Martín, daquela cada quen podía facer o que quería e máis ou menos saia ben, porque os gustos eran máis parecidos. Se daquela o tomaramos en serio poderiamos ser un grupo interesante. Igual hai que cambiarlle o nome o grupo, e deixar Szislack para futuros rencontros. A verdade e que melloramos moito Jorge, Tino e Eu e se hoxe tocásemos un día con Martín podería sair algo estupendo. Pero agora con Tino había tres problemas. O primeiro, que só podía vir un día a semana. O segundo, o máis grave, porque non tiña cura, era que non lle gusta nada a música que facemos, sobre todo a que fai Fabio, e nin tan sequera a que poderiamos facer, e nos ensaios notábase moito que tocaba por tocar. O terceiro problema é que tocaba a súa bola, cando se perdía non facía nada por atoparse, e ás veces chegaba a ser desesperante.
En fin, arrogancia, enerxía e groove. Xa comentei que me encanta Atom Rhumba, a Fabio gústalle o Funky, así que o Groove está garantizado.

16/04/07

Yo La Tengo. Tom Courtenay (Fuji Rock Festical 2003)

Hoxe colgo dúas entradas, pero esta é a que tiña preparada.

Parece ser que os amigos de SINSAL, eses que fan o Festival Sonora (os concertos do CUVI), e o Festival Sinsal (durante todo o ano en Vigo ciudá), eses en fin, que organizan os concertos os que vou eu, levan varios anos contactando con Thurston Moore, para que Sonic Youth ou Yo La Tengo toquen en Vigo. E parece que este ano, no que Ira, Georgia e James sacan novo disco, é probable que Yo La tengo toquen en Vigo. Esperemos que non pase o do ano pasado, que contrataron a !!! e o concello negoulle-lo pavillón das Travesas, quedándonos nós sen concerto e eles sen cartos.

La costa brava. Adoro a las pijas de mi ciudad.

"Las chicas modernas enseñan las piernas..."

Se este mundo fose xusto esta canción tería sido un exito cando saiu. Non sei se é ser mala xente, pero acordeime dela porque hoxe falei de coches con Lidia. Que ten un 206, pero lle gustaba o Golf, tamén o Ibiza, pero 5 portas era moi grande...

E escribindo isto unha filla de puta acábame de reventar o espello do coche, que o teño aparcado diante da casa. E os que están pintando a miña casa vírona, e dixéronme quen era, porque é a filla dunha señora que vive un pouco máis arriba, e a moi filla de puta non parou cando volveu pasar por diante e eu lle fixen xesto de parala co espello na man. En fin, non merece a pena desesperar polo que vaia o espello de marras, un ten a satisfacción de saber quen é, de poder mirala mal sempre que pase pola rúa, e de que te retire a mirada...

Prosigo.
Que este ano hai pouco ambiente na facultade, malos horarios e ademáis as rapazas de primeiro e segundo xa me parecen nenas... pero sempre é un gustazo chegar á primavera coas amigas de Tradución. Ainda que recoñezo que me fago maior e me sorprendo botando miradas a algunha que xa non é alumna...

14/04/07

Darren Hayman. Crissy M.

O Xoves, 12 de Abril. Teatro Vidal Bolaño. Un tipo curioso este Darren. Resulta que é profesor de Rock nunha universidade. Afortunadamente trouxo a algún dos seus alumnos a tocar con el e non un uquelele. O caso é que, aínda que con moitos peros, podo dicir que fun a un concerto de Hefner, por que só tocou temas antigos, con acústica, eléctrica, baixo e batería.
Resultou todo moi estraño, cheguei só ó concerto e, como non había niguén na porta do tatro, apurei a entrar pra ver se atopaba un bo sitio. Había cinco persoas cando entrei. Dez cando saíu ó escenario. Ó final do concerto habería unhas trinta. E eu alí só, que debía ser o único fan incondicional, e posiblemente un dos poucos que coñecían a Hefner, coa mesma ilusión cunha nena vai ver a Bisbal (Darren é máis guapo), con gañas de berrar as cancións e levantarme a aplaudir, e reprimíndome. Menos mal que apareceron dous colegas e puiden exteriorizar durante os bises.

11/04/07

Micah P. Hinson. Beneath the rose.

Hoxe mesmo, no Teatro Vidal Bolaño (que grande lle queda o nome!).
É un maleducado, un despropósito como guitarrista, un efectista, un presumido arrogante... De moitas cousas se lle pode acusar, pero é un completo xenio. Se o outro día case quedo durmido con Bonnie, hoxe gocei coma un neno. Sube o escenario sen probar son, cunha guitarra prestada, coas cordas recen postas... unha canción e xa sona ben (ía dicir perfecto, pero iso é imposible no cuartucho que a Universidade de Vigo chama Teatro). Chega coa súa gorra e a súa mochila, xoga co público, para pra fumar, pra soltar parrafadas nun inglés de Texas das que sabe que só uns poucos privilexiados conseguirán entender algo, quita o xersei, busca cal é a botella de Mahou na que queda cervexa, fala cos músicos... Envolve o concerto dunha imaxe de improvisación, que por momentos chega a desesperar, pero que converte cada concerto en único.
Case non tocou temas novos, xa escoitara case todos hai dous anos no concerto do Vademecvm. Non me importou en absoluto. É certo que xa non me sorprende cando berra, nen cando de repente distorsiona a guitarra ata facer un ruido atronador. Pero podía revivir esa sensación na xente que tiña ó redor. E se pode ser máis duro, e se pode ser máis técnico, e se pode ser máis sensible, e máis profundo, e máis... pero de todo o folk americano da actualidade é o que máis me gusta, o máis orixinal, o que menos se repite, un dos poucos que soa a novo e que soa ben.

E de bis... Suzanne de Leonard Cohen (a primeira vez que vexo a alguén tocar a guitarra electrica con mochila!)

07/04/07

300


Mala... mala... pero mala... mala... pero que mala é... moi mala... malísima... cousa máis mala nunca vira... mala, mala, mala... pero mala, eh? ...moi mala.

Bonnie "Prince" Billy

E a este fun velo o Martes. Se queres estar de moda entre os modernos tes que adorar a este fulano. O tipo é realmente bo. O malo é que no levou banda e resultou realmente aburrido.

Atom Rhumba. Body clock.

Atom Rhumba. Tocaron o outro día na Fábrica de Chocolate. Hai xa moito tempo que non me gustaba un concerto dun grupo español, ainda que eles son bascos. Gustaríame facer algo así co noso grupo, tecnicamente somos capaces, pero non sei se seremos quen de poñernos de acordo para facer cancións tan curradas.

(Por certo, no video non sae, pero teñen unha especie de Indurain de dous metros co pelo afro que toca as maracas e baila, menudo crack!!!)

Truco final


Lobezno e Batman andan medio enfrentados por mor da morte da tipa do Bar Coiote, pero Alfred aquí vai con Lobezno e non con Batman. A Scarlett resulta que primeiro vai con Lobezno, pero despois pásase ó lado de Batman, porque o tipo está moi grillao e ata vai os Estados Unidos a xunto de Bowie, que é o xefe de Gollum.

Non está mal a peli, está moi ben feita, moi entretida, pero o final é un pouco decepcionante... bueno é unha merda todo o argumento, pero a peli é moi boa (eu prefiro iso a que me estropeen unha boa historia).
Merece a pena vela se é de valde, ou se vos gusta ver á Scarlet, que é moi feituca, ou sodes fans de Bowie.