26/04/07
Eels. Hey man (now you´re really living)
25/04/07
24/04/07
23/04/07
Primal Scream. Kowalski.
Moitos vos preguntariades o porqué do alcume tan estraño que teño. Pois sae desta canción.
19/04/07
Bob Dylan. Like A Rolling Stone. 1966
Os que me coñecedes sabedes que son un "antibitel" confeso, así que comezo unha serie de posts nos que reivindico músicos moito máis importantes para a historia do Pop.
E para empezar, o máis grande. O que os mesmos Beatles recoñecían como o mellor.
E non digo nada del, porque todo esta dito. Aí o tedes na primeira xira eléctrica que fixo, tocando con The Band, cando moitos folkies o chamaban Judas.
18/04/07
Patti Smith. Gloria.
Xa que lle puxen ese título ó blog, aí tedes a canción cantada pola Raíña do Oasis.
Fagamos caraoque:
Jesus died for somebody's sins but not mine
Meltin' in a pot of thieves
Wild card up my sleeve
Thick heart of stone
My sins my own
They belong to me, me
People say "beware!"
But I don't care
The words are just
Rules and regulations to me, me
I-I walk in a room, you know I look so proud
I'm movin' in this here atmosphere, well, anything's allowed
And I go to this here party and I just get bored
Until I look out the window, see a sweet young thing
Humpin' on the parking meter, leanin' on the parking meter
Oh, she looks so good, oh, she looks so fine
And I got this crazy feeling and then I'm gonna ah-ah make her mine
Ooh i'll put my spell on her
Here she comes
Walkin' down the street
Here she comes
Comin' through my door
Here she comes
Crawlin' up my stair
Here she comes
Waltzin' through the hall
In a pretty red dress
And oh, she looks so good, oh, she looks so fine
And I got this crazy feeling that I'm gonna ah-ah make her mine
And then I hear this knockin' on my door
Hear this knockin' on my door
And I look up into the big tower clock
And say, "oh my God here's midnight!"
And my baby is walkin' through the door
Leanin' on my couch she whispers to me and I take the big plunge
And oh, she was so good and oh, she was so fine
And I'm gonna tell the world that I just ah-ah made her mine
And I said darling, tell me your name, she told me her name
She whispered to me, she told me her name
And her name is, and her name is, and her name is, and her name is G-L-O-R-I-A
G-L-O-R-I-A Gloria G-L-O-R-I-A Gloria
G-L-O-R-I-A Gloria G-L-O-R-I-A Gloria
I was at the stadium
There were twenty thousand girls called their names out to me
Marie and Ruth but to tell you the truth
I didn't hear them I didn't see
I let my eyes rise to the big tower clock
And I heard those bells chimin' in my heart
Going ding dong ding dong ding dong ding dong.
Ding dong ding dong ding dong ding dong
Counting the time, then you came to my room
And you whispered to me and we took the big plunge
And oh. You were so good, oh, you were so fine
And I gotta tell the world that I make her mine make her mine
Make her mine make her mine make her mine make her mine
G-L-O-R-I-A Gloria G-L-O-R-I-A Gloria G-L-O-R-I-A Gloria,
G-L-O-R-I-A Gloria
And the tower bells chime, "ding dong" they chime
They're singing, "Jesus died for somebody's sins but not mine."
17/04/07
Falando do noso grupo
A arrogancia do Punk, a enerxía do Rock e o groove do Soul. Lino nunha crítica da Rokdelux a Lcd Soundsistem e , ainda que nin me chista a revista, nin me chistan moito LCD, aplícome o conto pra nós. A verdade é que dende que cambiamos de local aínda non fixemos nada, pero polo menos temos unha canción enteira e outra a medias e tiran por aquí. Eu como baixista teño a responsabilidade do Groove, supoño que Fabio ten a enerxía, Jorge non o vexo moi arrogante, así que esperemos que Jesús, que ven ocupar o sitio de Tino, teña moita arrogancia tocando.A verdade é que non me fai moita gracia que marchara Tino, cando mellor estabamos era cando estaba tamén Martín, daquela cada quen podía facer o que quería e máis ou menos saia ben, porque os gustos eran máis parecidos. Se daquela o tomaramos en serio poderiamos ser un grupo interesante. Igual hai que cambiarlle o nome o grupo, e deixar Szislack para futuros rencontros. A verdade e que melloramos moito Jorge, Tino e Eu e se hoxe tocásemos un día con Martín podería sair algo estupendo. Pero agora con Tino había tres problemas. O primeiro, que só podía vir un día a semana. O segundo, o máis grave, porque non tiña cura, era que non lle gusta nada a música que facemos, sobre todo a que fai Fabio, e nin tan sequera a que poderiamos facer, e nos ensaios notábase moito que tocaba por tocar. O terceiro problema é que tocaba a súa bola, cando se perdía non facía nada por atoparse, e ás veces chegaba a ser desesperante.
En fin, arrogancia, enerxía e groove. Xa comentei que me encanta Atom Rhumba, a Fabio gústalle o Funky, así que o Groove está garantizado.
16/04/07
Yo La Tengo. Tom Courtenay (Fuji Rock Festical 2003)
Parece ser que os amigos de SINSAL, eses que fan o Festival Sonora (os concertos do CUVI), e o Festival Sinsal (durante todo o ano en Vigo ciudá), eses en fin, que organizan os concertos os que vou eu, levan varios anos contactando con Thurston Moore, para que Sonic Youth ou Yo La Tengo toquen en Vigo. E parece que este ano, no que Ira, Georgia e James sacan novo disco, é probable que Yo La tengo toquen en Vigo. Esperemos que non pase o do ano pasado, que contrataron a !!! e o concello negoulle-lo pavillón das Travesas, quedándonos nós sen concerto e eles sen cartos.
La costa brava. Adoro a las pijas de mi ciudad.
Se este mundo fose xusto esta canción tería sido un exito cando saiu. Non sei se é ser mala xente, pero acordeime dela porque hoxe falei de coches con Lidia. Que ten un 206, pero lle gustaba o Golf, tamén o Ibiza, pero 5 portas era moi grande...
E escribindo isto unha filla de puta acábame de reventar o espello do coche, que o teño aparcado diante da casa. E os que están pintando a miña casa vírona, e dixéronme quen era, porque é a filla dunha señora que vive un pouco máis arriba, e a moi filla de puta non parou cando volveu pasar por diante e eu lle fixen xesto de parala co espello na man. En fin, non merece a pena desesperar polo que vaia o espello de marras, un ten a satisfacción de saber quen é, de poder mirala mal sempre que pase pola rúa, e de que te retire a mirada...
Prosigo.
Que este ano hai pouco ambiente na facultade, malos horarios e ademáis as rapazas de primeiro e segundo xa me parecen nenas... pero sempre é un gustazo chegar á primavera coas amigas de Tradución. Ainda que recoñezo que me fago maior e me sorprendo botando miradas a algunha que xa non é alumna...
14/04/07
Darren Hayman. Crissy M.
Resultou todo moi estraño, cheguei só ó concerto e, como non había niguén na porta do tatro, apurei a entrar pra ver se atopaba un bo sitio. Había cinco persoas cando entrei. Dez cando saíu ó escenario. Ó final do concerto habería unhas trinta. E eu alí só, que debía ser o único fan incondicional, e posiblemente un dos poucos que coñecían a Hefner, coa mesma ilusión cunha nena vai ver a Bisbal (Darren é máis guapo), con gañas de berrar as cancións e levantarme a aplaudir, e reprimíndome. Menos mal que apareceron dous colegas e puiden exteriorizar durante os bises.
11/04/07
Micah P. Hinson. Beneath the rose.
É un maleducado, un despropósito como guitarrista, un efectista, un presumido arrogante... De moitas cousas se lle pode acusar, pero é un completo xenio. Se o outro día case quedo durmido con Bonnie, hoxe gocei coma un neno. Sube o escenario sen probar son, cunha guitarra prestada, coas cordas recen postas... unha canción e xa sona ben (ía dicir perfecto, pero iso é imposible no cuartucho que a Universidade de Vigo chama Teatro). Chega coa súa gorra e a súa mochila, xoga co público, para pra fumar, pra soltar parrafadas nun inglés de Texas das que sabe que só uns poucos privilexiados conseguirán entender algo, quita o xersei, busca cal é a botella de Mahou na que queda cervexa, fala cos músicos... Envolve o concerto dunha imaxe de improvisación, que por momentos chega a desesperar, pero que converte cada concerto en único.
Case non tocou temas novos, xa escoitara case todos hai dous anos no concerto do Vademecvm. Non me importou en absoluto. É certo que xa non me sorprende cando berra, nen cando de repente distorsiona a guitarra ata facer un ruido atronador. Pero podía revivir esa sensación na xente que tiña ó redor. E se pode ser máis duro, e se pode ser máis técnico, e se pode ser máis sensible, e máis profundo, e máis... pero de todo o folk americano da actualidade é o que máis me gusta, o máis orixinal, o que menos se repite, un dos poucos que soa a novo e que soa ben.
E de bis... Suzanne de Leonard Cohen (a primeira vez que vexo a alguén tocar a guitarra electrica con mochila!)
07/04/07
Bonnie "Prince" Billy
Atom Rhumba. Body clock.
(Por certo, no video non sae, pero teñen unha especie de Indurain de dous metros co pelo afro que toca as maracas e baila, menudo crack!!!)
Truco final

