01/05/07

Sunshine

Se chego a ver antes o tráiler igual non saía tan decepcionado. O caso é que ía coa idea de ver a última de Danny Boyle, o director de Trainspottin, esquecera que tamén era o director das nefastas A Illa e 28 días despois, e non tiña nin idea de que era a película na que uns astronautas tiñan que volver prender o Sol.
Digo o de ver o tráiler, porque eu o mirei agora por vez primeira e da unha imaxe bastante peor do que o é a película. Non é unha película de heroes que van salvar a humanidade e se ven asaltados por un extraterreste, non é unha mestura de Armagedon e Alien. De feito comeza de moi boa maneira. Os protagonistas son astronautas reais, científicos coma Pedro Duque -non hai un só disparo en toda a película-, que van nunha nave tipo estación MIR (con gravidade simulada, pero bastante verosimil), e levan dous anos alí pechados, sometidos a presión de ser a última esperanza do mundo, empezan a non estar ben da cachola e cando algo sae mal, estoupa a convivencia. E durante boa parte da película un ten a sensación de estar ante ciencia-ficción da boa, cunha estética bastante anovadora -parecida a de 28 días despois- e unha trama que promete.
Pero a medida que avanza o filme, a trama camiña cara a acción e olvídase da ciencia-ficción, e do drama, e aparece o quinto pasajero do que falan no tráiler, e a trama psicolóxica acábase perdendo, por algún motivo tódolos personaxes se volven planos de súpeto e o negro non é o primeiro en morrer porque non hai negro.
En definitiva, que como peli de acción está moi por encima da media, como peli de autor non cumple coas espectativas. E Danny Boyle está moi, pero moi lonxe de Trainspotting

Sem comentários: