Vale que ía moita calor, e vale que se rompe unha corda e hai que cambiar de guitarra... pero hai que ensaiar, coño! E hai que saber en que nota se está, que despois non chegamos e facemos cousas raras, e probar un pouco se o que se vai facer pega coa canción... O caso é que no medio da canción paran e o final fan unha cousa rarísima. Menos mal que era un concerto ñoñas deses contra o Sida e o público é pouco esixente.
Nusrat é o Camarón de Pakistán e da música islámica. É o mellor cantante de qawwalis que existiu nunca. Os qawwalis son os famosos cantos de oración lentos lentos lentos que poñen sempre que sacan imaxes dun deserto, son coma estas que cantan os andaluces no medio das procesións pero dedicadas a Alah. Tamén é a banda sonora de case tódolos videos de youtube nos que se chama a guerra santa e esas cousas, pero porque era o mellor.
Este tío é o máis grande que hai en África. O problema é que fai dous tipos de música, unha para vender en África e outra máis comercial que se edita en discográficas europeas de música étnica, novas músicas e caralladas así. O que fai ben é o primeiro, cancións de mil horas con percusións tradicionais, pero diso non hai videos en youtube e o máis digno que saquei foi isto. Ten tamén esta canción con Neneh Cherry que seguro que a coñecedes todos:
Sempre que sae esta escena a xente fala do talento de Kubrick ou do significado simbólico do monolito, ou do mono a secas ó que se lle da por esmagar un esquelete (se lesen o libro non terían tanto que debater, porque queda todo ben claro). Paréceme unha falta de respecto ós actores. Se fose Marlon Brando, ou Robert de Niro a xente diría: "canto talento, que expresividade, como consegue sen palabras expresar o drámatico da evolución humana, a violencia coma consecuencia da razón, magistral!". Pero como é un pringao con máscara nin puto caso lle fan. Quen se acorda de Chewaka? Quen se acorda dos eewoks? Ou dos simios do planeta dos susodichos? Ou sen irnos lonxe, Espinete e Don Pimpón... Un saúdo para Esteiro e para todos aqueles actores e actrices sen rostro. E falando de Esteiro... agora si, xa finou o finado.
Sigo no meu camiño polos sesenta, agora meténdome de cheo na psicodelia. Poño esta canción porque ten coña, pero nesta época hai cousas realmente sorprendentes, que sobreviviron mellor ó paso do tempo. Super recopilatorio de música psicodélica do ano 1972: Nuggets, original artyfacts from the first psychedelic era 1965-1968.
Non lle dediquei nada cando finou, porque andaba algo liado e non me pareceu ben facer unha necrolóxica cinco días tarde. Pero xa era hora de que aparecese no blog o rei do funky (non do soul, xa falaremos un día de Otis Redding). Agora James estará polo inferno, por lascivo e concupiscente, pero coma nós non cremos nesas cousas ímolo ascender ó Olimpo, ben o merece.
Ós fulanos de Virgin, que non debían de ter moitas luces, non se lles ocorreu outra cousa mellor para promocionar Doolittle que levar os Pixies á tele. Non sei que pensaría a xente decente cando viu a Kim Deal e o chino pasadísimos de caballo e a Frank Black en plan Resplandor (nunca lle vira tanta cara de perturbado). E cando canta Tame... dan bastante medo.
Posiblemente este sexa o meu grupo favorito, está aí aí con Eels. Realmente non é un grupo, Will Johnson, o cantante fai case todo. Will Johnson ten dous grupos Centro-matic e South Saint Gabriel, cos mesmos músicos practicamente. South Saint Gabriel teñen un sonido máis acústico e folki, e Centro-matic máis eléctrico e rock, pero xa vedes que moi tranqui. Ademáis fai xiras el só coa súa guitarra, e tocou en Santiago este ano e non puiden ir. Seguramente o que fai con South Saint Gabriel sexa mellor, pero con Centro-matic teño unha relación especial. Poucas veces pasa que pos un disco e te sintes completamente identificado co que escoitas, coma se o fixeras ti, ou se te fixeran exactamente o que querías oír. Iso pásame con Centro-matic, e con algúns discos de pouca xente máis. Encantame o sonido supersucio, os acoples polo medio, o sonido guitarrero, a batería ben potente, o baixo supergrave, e eses arranxos chillones e repetitivos... e as cancións supertranquis e superpopis. Se tivese talento faría isto seguro.
Onte falei del e hoxe incorpóroo o meu blog. É un grande entre os grandes, un moderno entre os modernos, e afortunadamente a súa música avellenta mellor ca súa estética. Aí van dous vídeos: o primeiro é o primeirísimo, do 69, andaba a peña flipando coa lúa e tal, e Bowie debutaba. O vídeo é supercutre, pero no momento foi a repera, e as pintas del tamén.
O segundo que vos poño é actual, pra comparar. Debe ser dalgún premio inglés, porque só na Gran Bretaña lle poderían dar un escenario tan grande a Arcade Fire. Se non sodes modernillos, seguramente non coñezades a Arcade Fire, pero xa vedes que por aí afora son xente con nome. Son un fato de friquis que se coñeceron no conservatorio, e iso, fan o friki. O violinista é un crack, Final Fantasy, e tocou en Vigo, que o saibades. Canta e toca o violín, cun pedal de loops, e as súas cancións tratan maiormente sobre Dragóns e Mazmorras. Un friki, xa dixen, pero que sabe de música.
Non me puiden resistir, eila. De paso descubrin o estupendísima que era Tammi. É incrible que esta canción non fose famosa ata hai pouco, e que ata que saiu no anuncio de marras non aparecese en nigún disco recopilatorio. Pasou o mesmo co "Baby you can drive my car", que pra min é unha das mellores cancións dos Beatles.
Despois de viciar con Phil Spector agora descubro a Motown. A pesar de que esta semana dedico o blogue a Krafwerk, estoume enganchando perdidamente o Soul dos sesenta. Unha vez que descubres toda esta música no seu contexto gaña bastante. Non sei se vos acordades de cando estivera de moda Grease, fará quince anos xa. Pois a miñá irma era fanática e puña a banda sonora todo o día, e a de My Girl, e discos de Soul que quitaba M80. Vale que eu daquela prefería escoitar os discos de Siniestro do meu irmán, que decían moitas guarradas, pero aínda así aqueles recopilatorios eran insufribles. Cheguei a odiar todo aquilo, e polo medio daquela merda toda había marabillas. E mentres escribo isto comeza a soar Marvin Gaye e Tammy Terrell... ain´t no mountain high enough... Sobre o vídeo: magnífica a coreografía no estribillo ...uuuuh, dancing in the streets... quen tivese unha peluca desas! Por certo, desta canción teñen unha versión bastante tonta David Bowie e Mick Jagger.
O 9 de Xuño, no Auditorio de Galicia, en Santiago. Lo más de lo más da Nouvelle Chanson. Era o último concerto da xira e notouse, no ben que soaba e nas poucas gañas que tiñan de irse (fixeron tres bises e acabaron o máis puro estilo LCD Sound System, PUNCHI, PUNCHI, PUNCHI). Na xira anterior viñera el só, cun pedal de loops que lle permitía gravar a guitarra e a voz e cantar por enriba. Este concerto foi menos intimo, máis rokeiro. Acompañado de guitarra eléctrica, ventos, sintetizador e unha batería un tanto peculiar, demostrou que está a última en tendencias musicais, que a música francesa mola, e queos cantautorcillos españoles son unha merda chantada nun pao. A pena é non ter nin idea de francés.
Os herdeiros de Brassens teñen alma. Aprende, Serrano!
Con estas cousas flipaba eu cando tiña 14 anos. Sabia a letra de memoria e todo. Teño o meu favor que cando empecei a escoitalos xa usaban vaqueiros e non mallas violetas.
Non atopei a versión seria, todo eran montaxes e dobraxes sen gracia. Así que vos deixo a versión do videoxogo Lego StarWarsII co que tanto levo viciado este ano.
E eu non sabía nada disto!!! DAMO SUZUKI de CAN con Haiku Kaiku. ¿E quen carallo son Haiku Haiku? Pois Rober de Atom Rhumba, Murky de Ginferno, Xabel Vegas de Manta Ray, Mikel Abrego de Inoren ero ni , Galder Izagirre de Kuraia, e Kaki Arkarazo de Nacion Reixa e Negu Gorriak, xuntados para a ocasión no Guggenheim de Bilbao. O 22 de Nadal de 2006. Máis información? Pincha, pincha!
Igual algún iñorante férido e duro non coñece a CAN, pois eran estes Jipis:
Estiven a facer un traballo sobre o megleno-romanés, e afirmei con rotundidade que só tiñan grupos de coros e danzas. Deume por ver no youtube, e mira ti: a Beyoncé valaca. Marabilloso o video do atobús, un derroche de sensualidá.