26/07/07

Xa volvín hai tempo, eh!

Levo unha semana en casa. O que pasa é que non tiña nada interesante que poñer, ultimamente non escoito música, como moito escoito Kiss Fm. Ás veces danme arrebatos así, que me gusta estar en silencio. Ademáis estou enganchado ó Tour e non teño cabeza pra moito máis. De feito estou pensando en facer un blogue de deportes, agora que acaba o Tour, comeza a pretemporada de fútbol e xa está todo listo pro Eurobasket era bó momento... e que carallo, apeteceme moito rajar de Estoicof e Mouriño!!!

Dinosaur Jr. - Been There All The Time

Mascis, que noxo das, non sei como che deixan sair nos videos!!!

05/07/07

Pulp. Help The Aged.

Ultimamente ando a voltas con este disco e esta canción en particular. De paso que subo o video doume conta de a quen imita o gilipollas ese de OT.



E aqui tedes a Jarvis Cocker facendo un dueto con Ali G, agora coñecido como Borat, e seica dentro de pouco Fredy Mercury nunha pelicula.

01/07/07

Salò o le 120 giornate di Sodoma (1975)


A derradeira película de Pasolini. É unha adaptación dos 120 días en Sodoma do Marqués de Sade, pero localizada no ano 1944, durante a ocupación nazi de Italia, e estructurada ó xeito do inferno de Dante.
Catro homes, o Presidente, o Duque, o Monseñor e o Maxistrado secuestran a dezaoito mozos fillos de partisanos (nove homes e nove mulleres) e coa axuda de catro prostitutas os esclavizan. Como sinal de boa fe entre eles fan que a súas propias fillas formen parte deste grupo. A película mostra como estes homes van explotando sexualmente a estes mozos, cada vez de forma máis perversa ata chegar finalmente a torturalos de forma salvaxe.
Reflexión sobre a anarquía do poder, a perda de valores da sociedade capitalista, o conformismo do pobo ante a opresión, a inutilidade da política... O máis duro da película, coma os textos de Sade, coma o propio nazismo, é que non estamos ante tolos -non dende un punto de vista psiquiátrico- senón ante persoas normais que levan ó extremo os valores hedonistas valéndose da súa situación de poder.
A pelicula foi- é- bastante polémica porque moitos destes mozos eran aínda menores de idade, foi prohibida en moitos paises ata hai ben pouco e a súa exhibición sempre estivo acompañada de protestas.
Pasolini foi asasinado antes de que se estrenase a película. O rapaz que o atropelou dixo que foi porque lle propuxera ter relacións sexuais, pero hai pouco desmentiu aquelas declaracións. A intelectualidade italiana sempre sostivo que a súa morte se debeu a un complot para calar a súa voz -sempre crítica co poder-, ensuciar a súa imaxe e deslexitimar as súas ideas. E seguramente o conseguisen, pois Pier Paolo Pasolini non está hoxe en día no lugar que se merece.