Canto tempo sen pasar por aquí. E seguramente moito que vai pasar ata que volva.
O mércores pasado fun ver Shine a Light, a peli sobre os Rolling que rodou Scorsese. Estabamos no cine eu e un señor, os dous sós en paz e harmonía. Vese que esta afluencia masiva se deu en todo o mundo porque a un fulano, ó chegar a mellor escena da película, non se lle ocorreu outra cousa que sacar o móbil e poñerse a grabar.
Aí tedes os Rolling con Buddy Guy tocando a canción de Muddy Waters "Champagne & Grifa". Bo título sen dúbida: