Onte falei del e hoxe incorpóroo o meu blog. É un grande entre os grandes, un moderno entre os modernos, e afortunadamente a súa música avellenta mellor ca súa estética. Aí van dous vídeos: o primeiro é o primeirísimo, do 69, andaba a peña flipando coa lúa e tal, e Bowie debutaba. O vídeo é supercutre, pero no momento foi a repera, e as pintas del tamén.
O segundo que vos poño é actual, pra comparar. Debe ser dalgún premio inglés, porque só na Gran Bretaña lle poderían dar un escenario tan grande a Arcade Fire. Se non sodes modernillos, seguramente non coñezades a Arcade Fire, pero xa vedes que por aí afora son xente con nome. Son un fato de friquis que se coñeceron no conservatorio, e iso, fan o friki. O violinista é un crack, Final Fantasy, e tocou en Vigo, que o saibades. Canta e toca o violín, cun pedal de loops, e as súas cancións tratan maiormente sobre Dragóns e Mazmorras. Un friki, xa dixen, pero que sabe de música.
Sem comentários:
Enviar um comentário