17/04/07

Falando do noso grupo

A arrogancia do Punk, a enerxía do Rock e o groove do Soul. Lino nunha crítica da Rokdelux a Lcd Soundsistem e , ainda que nin me chista a revista, nin me chistan moito LCD, aplícome o conto pra nós. A verdade é que dende que cambiamos de local aínda non fixemos nada, pero polo menos temos unha canción enteira e outra a medias e tiran por aquí. Eu como baixista teño a responsabilidade do Groove, supoño que Fabio ten a enerxía, Jorge non o vexo moi arrogante, así que esperemos que Jesús, que ven ocupar o sitio de Tino, teña moita arrogancia tocando.
A verdade é que non me fai moita gracia que marchara Tino, cando mellor estabamos era cando estaba tamén Martín, daquela cada quen podía facer o que quería e máis ou menos saia ben, porque os gustos eran máis parecidos. Se daquela o tomaramos en serio poderiamos ser un grupo interesante. Igual hai que cambiarlle o nome o grupo, e deixar Szislack para futuros rencontros. A verdade e que melloramos moito Jorge, Tino e Eu e se hoxe tocásemos un día con Martín podería sair algo estupendo. Pero agora con Tino había tres problemas. O primeiro, que só podía vir un día a semana. O segundo, o máis grave, porque non tiña cura, era que non lle gusta nada a música que facemos, sobre todo a que fai Fabio, e nin tan sequera a que poderiamos facer, e nos ensaios notábase moito que tocaba por tocar. O terceiro problema é que tocaba a súa bola, cando se perdía non facía nada por atoparse, e ás veces chegaba a ser desesperante.
En fin, arrogancia, enerxía e groove. Xa comentei que me encanta Atom Rhumba, a Fabio gústalle o Funky, así que o Groove está garantizado.

1 comentário:

Anónimo disse...

estou dacordo